domingo, 16 de noviembre de 2014

O apalpador

            Boas, hoxe veño a contarvos un mito moi coñecido en Galicia, este mito recibe o nome do Apalpador, e conta a historia dun carboneiro, que baixa entre o 24 e o 31 de decembro a tocar o ventre os nenos/as, para ver si han comido o suficiente durante todo o ano, deixando moitas castañas e alguna vez un regalo. Decidín escoller este mito galego para contarvos, xa que o meu pai cando era moi pequeno contoumo e ao verlo lembreilo e emoicioneume.

            O apalpador, recoñecese na cultura galega como o posible "Papa Noel", e o parecer existen numerosos contos acerca deste mito, dexareivos no seguinte enlace unha das tantas versións deste mito:    http://apalpador.es/
         
            Deixovos tamén unha cantiga que encontrei do apalpador, o por si o preferides un video doutra versión da cantiga:
         
                1
Vaite logo, meu meniño,
marcha agora pra caminha,
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
                2
Xa chegou o dia grande,
dia do Noso Señor,
Xa chegou o dia grande,
e virá o Apalpador.
               3
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
              4
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
 
 
Espero que vos guste tanto como a min, dende logo e un mito moi bonito que representa a navidade galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario