domingo, 16 de noviembre de 2014

O apalpador

            Boas, hoxe veño a contarvos un mito moi coñecido en Galicia, este mito recibe o nome do Apalpador, e conta a historia dun carboneiro, que baixa entre o 24 e o 31 de decembro a tocar o ventre os nenos/as, para ver si han comido o suficiente durante todo o ano, deixando moitas castañas e alguna vez un regalo. Decidín escoller este mito galego para contarvos, xa que o meu pai cando era moi pequeno contoumo e ao verlo lembreilo e emoicioneume.

            O apalpador, recoñecese na cultura galega como o posible "Papa Noel", e o parecer existen numerosos contos acerca deste mito, dexareivos no seguinte enlace unha das tantas versións deste mito:    http://apalpador.es/
         
            Deixovos tamén unha cantiga que encontrei do apalpador, o por si o preferides un video doutra versión da cantiga:
         
                1
Vaite logo, meu meniño,
marcha agora pra caminha,
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
                2
Xa chegou o dia grande,
dia do Noso Señor,
Xa chegou o dia grande,
e virá o Apalpador.
               3
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
              4
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
 
 
Espero que vos guste tanto como a min, dende logo e un mito moi bonito que representa a navidade galega.


lunes, 3 de noviembre de 2014

O Ferrol de Antaño

           Ferrol, nos tempos de Franco chegou a ser a cidade máis importante de toda Galicia, isto foi asi debido as actividades marítimas que acontencían aquí. Hoxe, xa non é unha cidade de tal prestixio como era antaño.
            Ferrol chegou a ter 72.963 habitantes, e contando toda a zona de Ferrolterra chegou a ter unha población aproximada de 210.000 habitantes, pero xa non e asi, tras a perda desa actividade marítima Ferrol se derroiba. Moita xente emigrou pola falta de traballo aquí. Agora esa poboación disminuiuse a metade, e o traballo diminue cada vez máis. As calles de Ferrol xa non son o que eran, estas están cada vez mais bellas e con moitos buratos no chán.           
           En fin con esta entrada queria ofreceros o meu punto de vista sobre Ferrol, e que os fixaseis que xa non é como antes. Desexo que nun futuro Ferrol volva a florecer e sexa outra vez a mellor cidade de Galicia.

martes, 7 de octubre de 2014

¿Que estamos a respirar?

          Boas, aburrido na miña casa, deume por facer a primeira entrada do blog, e a verdade non sabia de que falarvos, e tras un bo anaco de pensar, ocurreuseme falarvos do "aire" en Galicia, se asi o podemos chamar. Digo isto porque para min o aire é algo puro e desde xa fai moito tempo Galicia non e unha comunidade cun aire puro. Isto debese a gran contaminación que teñen as nosas costas, estas foron contaminadas principalmente polo tráfico marítimo que acontece en Galicia. Digo isto pois no tráfico marítimo, transportanse moitos tóxicos e residuos, e como xa pasou en numerosas ocasións, houbo uns accidentes que causaron o afundimento destes contaminantes no mar. Os accidentes máis coñecidos son:  
  • O "Prestige", foi un buque petroleiro que se afundió o 19 de novembro de 2002                           
  • O "Aegean Sea", tamén coñecido como "Mar egeo" en español, foi un petroleiro que naufragou en 2002 na costa da Coruña.
  • O "Urquiola", foi un petroleiro que o 12 de maio de 1972, no porto da Coruña verteu 100.000 toneladas da sua carga o mar.
  • O "Casón", foi un cargueiro, que o 5 de decembro de 1987 fixo que se movese a carga e ardesen todos os seus tóxicos e residuos.

               Entón, ¿que estamos a respirar?

                       

              E difícil sábelo, xa que como aconteceu en 2008 os datos do medio foron manipulados pola xunta, isto foi así porque o tráfico marítimo en Galicia, e unha das fontes máis poderosas do país, e por iso estes foron manipulados. E non sei se agora, serán sendo manipulados, pero esta falta e unha máis da comunidade, e asi pouquiño a pouquiño, Galicia tal e como a coñecemos desaparecerá e quedara no noso recordo.

Para saber máis sobre este tema segue o seguinte enlace: http://blog.troposfera.org/2009/06/verdegaia-hace-balance-de-la.HTML

Neste outro podedes ver os datos do aire galego en 2009, no que se mostra que o 42,7% da población galega respira aire contaminado: http://blog.troposfera.org/2010_07_01_archive.HTML


               ¿Que van facer o respecto?

               Dende aqueles accidentes aprobaron unhas leis para controlar o medio, pero non están a tomar ningunha medida de seguridade así que estes acontecementos poden volver a acontecer en calquer momento. ¿Non van facer nada máis? NON.  Non van facer nada máis, e neste momento Galicia como todos a describen bonita pronto acabarase, a Galicia tal e a como coñecemos quedarase nun recordo máis do noso pensamento. Baseo isto, en que dende eses accidentes non tomaron ningunha medida de seguridade, e agora mesmo podería acontecer un máis, e estas costas non cabeme a maior dúbida que remataran sendo fontes residuais.       
    

jueves, 2 de octubre de 2014

O inicio dunha vida galega

Benvidos, neste blog publicarase todo sobre Galicia, tanto a sua historia como miña opinión sobre ela. Este blog pode considerarse o inicio dunha nova forma de ver Galicia, e esta comenza... xa!