domingo, 16 de noviembre de 2014

O apalpador

            Boas, hoxe veño a contarvos un mito moi coñecido en Galicia, este mito recibe o nome do Apalpador, e conta a historia dun carboneiro, que baixa entre o 24 e o 31 de decembro a tocar o ventre os nenos/as, para ver si han comido o suficiente durante todo o ano, deixando moitas castañas e alguna vez un regalo. Decidín escoller este mito galego para contarvos, xa que o meu pai cando era moi pequeno contoumo e ao verlo lembreilo e emoicioneume.

            O apalpador, recoñecese na cultura galega como o posible "Papa Noel", e o parecer existen numerosos contos acerca deste mito, dexareivos no seguinte enlace unha das tantas versións deste mito:    http://apalpador.es/
         
            Deixovos tamén unha cantiga que encontrei do apalpador, o por si o preferides un video doutra versión da cantiga:
         
                1
Vaite logo, meu meniño,
marcha agora pra caminha,
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
                2
Xa chegou o dia grande,
dia do Noso Señor,
Xa chegou o dia grande,
e virá o Apalpador.
               3
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
              4
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
 
 
Espero que vos guste tanto como a min, dende logo e un mito moi bonito que representa a navidade galega.


lunes, 3 de noviembre de 2014

O Ferrol de Antaño

           Ferrol, nos tempos de Franco chegou a ser a cidade máis importante de toda Galicia, isto foi asi debido as actividades marítimas que acontencían aquí. Hoxe, xa non é unha cidade de tal prestixio como era antaño.
            Ferrol chegou a ter 72.963 habitantes, e contando toda a zona de Ferrolterra chegou a ter unha población aproximada de 210.000 habitantes, pero xa non e asi, tras a perda desa actividade marítima Ferrol se derroiba. Moita xente emigrou pola falta de traballo aquí. Agora esa poboación disminuiuse a metade, e o traballo diminue cada vez máis. As calles de Ferrol xa non son o que eran, estas están cada vez mais bellas e con moitos buratos no chán.           
           En fin con esta entrada queria ofreceros o meu punto de vista sobre Ferrol, e que os fixaseis que xa non é como antes. Desexo que nun futuro Ferrol volva a florecer e sexa outra vez a mellor cidade de Galicia.